Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Plans e programas » Programa Aluga » Funcionamento xeral do Programa

Presentación (Únicamente para beneficiarios xa incorporados a este programa e para o realoxo de persoas afectadas por execucións hipotecarias)

O Programa Aluga dirixido ao alugamento de vivendas desenvolvido ao amparo do Plan estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, naceu coa dobre finalidade de favorecer o mercado do aluguer de vivendas privadas e facilitar o acceso a unha vivenda en réxime de alugamento a unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen 3,5 veces o IPREM, con prioridade segundo colectivos e nivel de ingresos.

De acordo co establecido no apartado 2 da disposición derrogatoria única do Decreto 18/2014 (DOG nº 38; do 25 de febreiro), desde o 26/02/2014 quedou derrogado o Decreto 84/2010, polo que se regula o Programa Aluga, agás para os dous supostos para os que se mantén a súa vixencia:
  • Adxudicación directa de vivendas incorporadas ao programa aluga no marco do “Programa de realoxamento para as persoas afectadas por execucións hipotecarias”.
  • Contratos de arrendamento en vigor de vivendas incorporadas ao Programa Aluga, ata a resolución do contrato de arrendamento por calquera causa o ata o transcurso do prazo de posta a disposición.
Desta forma mentres se manteña a relación arrendaticia no marco do programa aluga, os propietarios e inquilinos seguirán contando cos servizos, axudas e garantías do programa nos temos previstos no Decreto 84/2010.
Axudas propietarios: Convocatoria pechada.
Axudas inquilinos: Convocatoria 2014.
Documentos relacionados

Documentos relacionados

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.