Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Alertas-Covid-19 » Guía da moratoria do pago do alugueiro

ALERTAS-COVID 19

MORATORIA DO PAGO DO ALUGUEIRO EN CASOS DE SITUACIÓN DE VULNERABILIDAD COMO CONSECUENCIA DO COVID 19

BENEFICIARIOS

Os arrendatarios titulares dun contrato de alugueiro de vivenda habitual.

REQUISITOS DA VIVENDA
  • Que o propietario da vivenda sexa:
    • Empresa ou entidade pública de vivenda
    • Gran propietario (persoa física ou xurídica titular de máis de dez inmobles urbanos ou una superficie construída de más de 1.500 metros cadrados. Non se inclúen garaxes e rochos)
    • Outro tipo de propietario
REQUISITOS DO INQUILINO
  • Que o titular do contrato se atope en situación de vulnerabilidade económica. Inclúense os seguintes supostos, sempre que sexan como consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada polo Covid-19:
    • Traballador en situación de desemprego
    • Traballador sometido a Expediente de Regulación de Emprego. (ERTE)
    • Empresario ou profesional sometido a redución de xornada por motivo de coidados ou circunstancias similares que supoñan una perda substancial de ingresos.
  • Ingresos da unidade familiar

Compútense os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar, correspondentes ao mes anterior á solicitude.

O límite máximo de ingresos é o seguinte, segundo as condicións dos membros da unidade familiar: 

INGRESOS MÁXIMOS 1
CONDICIÓNS
3 IPREM
1.613,52 €
Aplicables con carácter xeral
4 IPREM
2.151,36 €
Aplicable cando 1 membro da unidade familiar cumpra unha destas condicións:
·   Teña declarada discapacidade superior ao 33 por cento
·   Estea en situación de dependencia
·   Padeza enfermidade que o incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral
5 IPREM
2.689,20 €
Aplicable cando o arrendatario cumpra unha destas condicións:
·   Parálise cerebral
·   Enfermidade mental
·   Discapacidade intelectual, cun grado recoñecido igual ou superior ao 33%.
·   Discapacidade física ou sensorial, cun grado recoñecido igual ou superior ao 65 %
·   Enfermidade grave que incapacite acreditadamente, á persoa ou ao seu coidador, para realizar unha actividade laboral

 

1 O Real Decreto establece que o límite máximo de ingresos se incrementará 0,1 veces o Iprem por fillo ou persoa maior de 65 anos e de 1,5 veces o Iprem por fillo no caso de familias monoparentais

Composición da unidade familiar. Considerase unidade familiar a composta por:

  • o arrendatario
  • o seu cónxuxe no separado legalmente ou parella de feito inscrita
  • os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita, que residan na vivenda.
  • Pago mensual de alugueiro e subministros.

O custe mensual do alugueiro da vivenda sumado ao dos subministros básicos para a mesma (auga corrente, electricidade, gas, gasóleo para calefacción, servicios de telecomunicación fixa e móbil e posibles contribucións á comunidade de propietarios) deberán ser iguais ou superiores ao 35 por cento dos ingresos netos mensuais que perciba o conxunto de membros da unidade familiar.

  • Non dispoñer doutra vivenda

No poderán acollerse á moratoria cando a persoa arrendataria ou algún membro da unidade familiar sexa propietaria ou usufrutuaria de algunha vivenda en España, excepto si acrediten a non dispoñibilidade da mesma por causa de separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade do seu titular ou de algunha das persoas que conforman a unidade de convivencia.



SOLICITUDE DE MORATORIA

O inquilino presentará ante o propietario da vivenda a solicitude de moratoria e a documentación indicada no Real Decreto.

  • Prazo de presentación da solicitude: ata o 2 de xullo de 2020.

RESPOSTA Á SOLICITUDE DE MORATORIA

O prazo de resposta por parte do propietario da vivenda é de sete días a partir da presentación da solicitude.

  • Se o propietario da vivenda é unha persoa física ou xurídica propietaria de máis de dez vivendas ou unha empresa ou entidade pública de vivenda, a aplicación da moratoria é automática. Se non houbo acordo previo entre as partes, no prazo de sete días dende a presentación da solicitude o propietario terá que comunicar cal das dúas opcións seguintes escolle:
    • Redución do 50% do alugueiro.

Aplicarase durante o tempo que dure o estado de alarma decretado e, se o prazo fose insuficiente en relación coa situación de vulnerabilidade, nas mensualidades seguintes.

O tempo máximo será de catro meses.

  • Aprazamento do pago do alugueiro durante o tempo que dure o estado de alarma decretado e, se o prazo fose insuficiente en relación coa situación de vulnerabilidade, nas mensualidades seguintes.

O tempo máximo será de catro meses.

As mensualidade aprazadas pagaranse, fraccionadas, durante un período de polo menos tres años, a partir do momento en que se levante o estado de alarma ou do remate do prazo de catro meses antes citado, sempre dentro da vixencia do contrato de arrendamento e as súas prórrogas.

Non se aplicarán penalizacións nin xuros.

O disposto nos dous apartados anteriores resultará tamén de aplicación a todos os arrendamentos correspondentes ao Fondo Social de Vivenda derivado do Real Decreto-
lei 27/2012 de 15 de novembro, de medidas urxentes para reforzar a protección aos debedores hipotecarios.

O arrendatario poderá acceder ás axudas transitorias de financiamento que se indican máis adiante. Nese caso, levantarase a moratoria no pago do alugueiro na primeira mensualidade en que o arrendatario teña á súa disposición o préstamos.

  • Se o propietario da vivenda non está incluído no grupo anterior, deberá comunicar ao inquilino, no prazo de sete días, as condicións de aprazamento ou de fraccionamento aprazado de la débeda ou as posibles alternativas que propón en relación coas mesmas.

No caso de que o propietario non acepte ningún acordo sobre o aprazamento do pago, o inquilino poderá beneficiarse das axudas de financiamento se cumpre os requisitos.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Xunto coa solicitude de moratoria, o arrendatario deberá presentar ao propietario da vivenda a seguinte documentación:

  • Desemprego: certificado expedido pola entidade xestora das prestacións. Debe constar a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • Cese de actividade dos traballadores por conta propia: certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración de cese de actividade realizada polo interesado.
  • Número de persoas que habitan na vivenda habitual:
    • Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.
    • Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.
    • Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar una actividade laboral.
  • Titularidade dos bens: nota simple do servicio de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.

A nota simple pode solicitarse enviando un correo electrónico, ben ao Rexistro da Propiedade onde estea inscrita a vivenda habitual do interesado ou ben, a calquera outro da mesma poboación. Máis información en www.registradores.org

  • Declaración responsable do debedor ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo o real decreto-lei.

No caso de que o solicitante da moratoria non poida aportar algún dos documentos indicados poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación dos motivos, relacionados coas consecuencias da crisis do COVID-19, que lle impiden tal aportación. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporá do prazo de un mes para achegar os documentos que no tivera facilitado.


EFECTOS DA MORATORIA

Os efectos da moratoria son os seguintes:

  • Se o propietario da vivenda é unha persoa física ou xurídica propietaria de máis de dez vivendas ou unha empresa ou entidade pública de vivenda:
  • Redución do 50 por cento do alugueiro durante o prazo establecido

ou

  • Suspensión do pago do alugueiro mensual durante o prazo establecido.

Correspóndelle ao propietario da vivenda decidir cal das dúas opcións aplica.

  • Se o propietario da vivenda non está incluído no grupo anterior:
    • A condicións que acorden o propietario e o inquilino.

No caso de que o propietario non acepte ningún acordo sobre o aprazamento do pago, o inquilino poderá beneficiarse das axudas de financiamento se cumpre os requisitos.

AXUDAS TRANSITORIAS AO FINANCIAMENTO

As axudas transitorias ao financiamento están destinadas a proporcionar cobertura financeira aos fogares que se atopen en situacións de vulnerabilidade social e económica como consecuencia da expansión do COVID-19. Estas axudas, consistentes en préstamos, destinaranse a facer fronte aos gastos de vivenda por parte dos beneficiarios.

  • Préstamo

A axuda consiste nun préstamo, concedido por unha entidade financeira, para o pago do alugueiro.

  • Destinatarios

Os inquilinos que se atopen en situación de vulnerabilidade sobrevida como consecuencia da expansión do COVID-19

  • Importe

Como máximo o importe de seis meses de alugueiro

  • Xuros

Non haberá xuros nin gastos de ningún tipo

  • Prazo

O prazo para a devolución do préstamos será ata de seis anos.

  • Aval

Os préstamos terán o aval do Estado.

  • Condicións

Os criterios e requisitos polos que se rexerán estas axudas serán os que se definan a través dunha Orde do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.