Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Alertas-Covid-19 » Suspensión prazos

ALERTAS-COVID 19

Suspensión de prazos para a tramitación dos procedementos

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19:

"Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo."

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.