Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Fondos Europeos » Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020 » Actuación 4.3.1.5 Rehabilitación de edificios de vivendas de titularidade municipal, co obxecto de reducir as emisións de carbono e o consumo enerxético

FONDOS EUROPEOS

Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020 - Actuación 4.3.1.5 Rehabilitación de edificios de vivendas de titularidade municipal, co obxecto de reducir as emisións de carbono e o consumo enerxético

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 Unha maneira de facer Europa

DESCRICIÓN E ÁMBITO DA ACTUACIÓN

A actuación que se pretende realizar consiste na rehabilitación enerxética de os edificios de vivendas de protección de titularidade municipal, mediante obras de mellora do illamento da envolvente (fachadas e/ou cubertas) e a redución das pontes térmicas, mellora das carpinterías existentes e/ou mellora das instalacións térmicas co obxecto de reducir o seu consumo enerxético e as emisións de carbono.

O ámbito da actuación, de acordo co Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020, será nos edificios de vivendas protexidas de titularidade municipal.


PROCEDEMENTO E XESTIÓN DA ACTUACIÓN

A actuación estará xestionada polo IGVS, a través de axudas aos concellos co fin de fomentar a mellora enerxética das vivendas da súa titularidade.

Previamente ao comezo da actuación a Dirección Xeral do IGVS comunicará á Dirección Xeral de proxectos e Fondos Europeos da Consellería de Facenda as bases da convocatoria de axudas para a súa visto e prace.

Estas bases reguladoras de axudas aos concellos para rehabilitación enerxética dos edificios de vivendas de titularidade municipal, serán publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). A tramitación e concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no seu Regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Así mesmo, axustarase á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público e á Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Ademais, ao tratarse dunha orde con aplicación de fondos da Unión Europea, será de aplicación a normativa contida no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, Regulamento (UE) 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, así como o Regulamento (UE) 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego.

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS E TIPOS DAS OBRAS

As actuacións de mellora enerxética para realizar en cada edificio de vivendas de protección de titularidade municipal deberán cumprir as seguintes condicións:

Reducirán, polo menos, o 20% da demanda enerxética da que parte o edificio obxecto da rehabilitación enerxética
Melloraran, polo menos unha letra na escala da cualificación enerxética
Estarán baseadas nunha auditoría enerxética
Terán carácter integral
Obterán o certificado de eficiencia enerxética unha vez finalizada a intervención.

As obras que se consideran son aquelas que cumprindo as condicións anteriores consistan en:


a) Illamento das fachadas

b) Mellora das carpinterías exteriores

c) Illamento de cubertas.

d) Mellora das instalacións térmicas.

 


CRITERIOS DE PRIORIZACIÓN DE OPERACIÓNS

Con obxecto de priorizar as operacións, en base aos resultados da auditoría enerxética que terán que presentar os solicitantes das axudas para cada edificio, as solicitudes valoraranse de acordo cos criterios que a continuación se sinalan:


a) Redución da demanda de enerxía do edificio
b) Mellora na escala de certificación enerxética global de consumo de enerxía primaria.
c) Mellora na escala de certificación enerxética global de emisións de dióxido de carbono do edificio.


No caso de empate, terase en conta o número de vivendas dos edificios, tendo prioridade a actuación que afecte a máis número de vivendas.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.