Son causa de baixa no rexistro,
entre outras, as seguintes :
- Non acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos para acceder á vivenda no momento en que se
teña que formalizar a adxudicación.
- Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegan ao rexistro.
- Ter renunciado á vivenda solicitada, salvo que a renuncia se debese a:
- Modificación sobrevida das circunstancias persoais que provoquen unha imposibilidade real de
acceder á vivenda ou a inadecuación da vivenda ás novas circunstancias da unidade familiar ou de
convivencia.
- Cando quede debidamente acreditada a imposibilidade de conseguir o financiamento das entidades
de crédito para o pagamento da vivenda.
- A superficie insuficiente da vivenda ou resultase inadecuada por causa de mobilidade segundo o
artigo 47 da Lei 18/2008.