Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Aluguer » Presentación

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR UNHA VIVENDA

Plans e programas relacionados co aluguer

O IGVS considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto establece unha serie de medidas que axudan, tanto ao propietario coma ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades respectivas.

Instituto Galego de Vivenda e Solo ten en marcha distintas iniciativas para favorecer a acceso á vivenda mediante o aluguer. Estas medidas favorecen non só a quen aluga senón tamén ao propietario da vivenda de xeito que o seu obxectivo primordial é dinamizar o mercado da vivenda en aluguer tratando de diminuir os riscos por parte de propietarios e por parte de demandantes ou inquilinos.

As actuacións concrétanse en procurar facilitar aos posibles demandantes a busca dunha vivenda que reúna as condicións necesarias de habitabilidade a prezos razonables e garantir aos propietarios das vivendas o cobro da renda, así coma a devolución da vivenda nas mesmas condicións nas que foi entregada. Por este motivo desenvólvese o Programa Alugua. Porén tamén están en marcha a  convocatoria de axudas directas, ao abeiro do Plan de Vivenda.

 

Ligazóns relacionadas

Ligazóns relacionadas

PLAN DE VIVENDA 2009-2012

O Plan de Vivenda 2009-2012 está centrado na cidadanía e, sobre todo, naqueles colectivos que teñen máis dificultades de acceso á vivenda a través de axudas que facilitan o aluguer, a promoción de vivenda protexida ou a rehabilitación.