Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rexistros » Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia » Requisitos para accedera unha vivenda da sección 3ª

REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

Requisitos para acceder a unha vivenda da sección 3ª

  1. Estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda suxeita a protección pública en España.
  3. Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por causas non imputables ao interesado ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma determinado segundo o Imposto de Transmisións Patrimoniais non exceda do 40% do prezo da vivenda que se pretende adquirir. Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:
    • Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao cargo.
    • Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
    • Vítimas do terrorismo e mulleres vítimas de violencia de xénero.
    • Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
  4. Ingresos mínimos (0,7 IPREM). Ver cantidade equivalente en ficha aparte.

Ingresos máximos: Non superar os ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que se solicite (réxime especial 2,5 veces IPREM, réxime xeral 4,5 veces IPREM, e réxime concertado 6,5 veces IPREM).

Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares:

Para o cálculo dos ingresos súmanse as recadros 455 e 465 da última declaración do IRPF co prazo de presentación vencido.

Cadro de equivalencias IPREM / euros: ver ficha aparte.

Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbese un membro máis.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.