Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Para quen » Para a empresa e promotores » Base de datos da construción

CALIDADE DA EDIFICACIÓN

Base de datos da construción de Galicia

A base de datos da construción é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou coma elemento de consulta.

Presupuesta.com é o portal onde se poden realizar operacións coa base de datos da construción

A base de datos da construción de Galicia (BDC Galicia) é un produto do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) feito en colaboración coa Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña. Na actualidade é o Instituto Galego de Vivenda e Solo o seu promotor e a asume de xeito oficial para a realización dos seus proxectos.

A BDC é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou como elemento de consulta. Contén os prezos básicos -maquinaria, man de obra, produtos e materiais- e unha parte importante das unidades de obra empregadas en Edificación, Urbanizacion -Obra Civil, Restauración, Mantemento e Seguridade- e Saúde Laboral. A maioría dos prezos contidos son paramétricos. Tamén inclúe pregos de condicións, gráficos e textos que poden ser empregados ao desenvolver un proxecto.

A BDC Galicia distribúese en soporte CD e está tamén dispoñible no portal web www.presupuesta.com . Nesta versión en liña pódese consultar, ademais, a base de prezos doutras comunidades asi coma diversos catálogos de fabricantes de construción; descargar en formato FIEBDC as Bases de Prezos e os Catálogos para traballar co programa de presupostos; elaborar presupostos e exportar a formato FIEBDC; gardar os presupostos para consultas posteriores ou comparar os diferentes presupostos realizados en base a un mesmo concurso.