Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » Xestur » Presentación

O IGVS

Presentación da Xestur

As Xestures conforman as unidades operativas do Instituto Galego da Vivenda e Solo fundamentalmente na promoción e preparación do solo empresarial.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo conta cun modelo organizativo avanzado, que se estructura en torno a uns Servicios Centrais, adicados fundamentalmente a labores de planificación e control; uns Servicios Provinciais, descentralizadores da xestión administrativa, e unhas Unidades Operativas, as Xestur, descentralizadores da xestión productiva.

As Xestur son sociedades anónimas de ámbito provincial nas que o IGVS participa cun 80% do capital, mentres que o 20% restante pertenece ás Deputacións Provinciais.

Os principais obxectivos das Xestur son:

  • Elaboración de estudios urbanísticos, incluída a redacción de plans de ordenación e proxectos de urbanización, así como a iniciativa para a súa tramitación e aprobación.
      
  • Desenvolvemento da actividade urbanizadora, que comprende tanto a promoción e preparación de solo, a renovación ou remodelación urbana, a realización de obras de infraestructura urbana ou a dotación de servicios para a execución dos plans de ordenación.
     
  • Xestión e explotación de obras e servicios resultantes da urbanización, no caso de obter a concesión ou rematar o convenio correspondente, conforme ás normas aplicables a cada caso.
     
  • Construcción, arrendamento e alleamento de naves e locais industriais e comerciais.
     
  • Promoción e preparación de solo empresarial e a súa xestión e venda.
 
 
 

XESTIÓN DO SOLO DE GALICIA - XESTUR, S.A.


Unidade Central
________________________________________
Polígono de Fontiñas - Área Central Local 25z Primeiro Andar
15707 - SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 54 19 49
unidade.central@xesturgalicia.com
www.xesturgalicia.com


Unidade Territorial Zona Sur
________________________________________
Plaza Maruja Mallo nº1-1º
36021 VIGO
PONTEVEDRA
Tlf: 986 26 64 77
unidade.sur@xesturgalicia.com


Unidade Territorial Zona Norte
________________________________________
Ronda de Nelle, Nº 12-BIS
15005 A CORUÑA
Tlf: 981 51 01 91
Fax: (34) 988 510 189
unidade.norte@xesturgalicia.com

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.

PLAN SECTORIAL GALEGO

         O Instituto Galego de Vivenda e Solo está a impulsar unhas medidas orientadas especialmente a dispor do solo adecuado e suficiente para a construcción de vivendas sometidas a algún réxime de promoción e protección pública, de acordo coas necesidades da población ….

BASE DE DATOS DA CONSTRUCIÓN

A base de datos da construción é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou coma elemento de consulta.