§
A
conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, vén de asinar a adxudicación directa
destes inmobles
§
Un dos
inmobles destínase a un caso de violencia de xénero e os outros dous a familias con problemas
económicos, todos entregados en réxime de alugueiro
§
O Goberno galego
multiplicou no último ano os esforzos para facilitar o acceso a un fogar ás persoas en situación de
risco mediante novos programas como o Bono de Alugueiro Social ou os convenios con entidades
financeiras
Santiago, 11
de febreiro de 2016.-
A
Xunta vén de adxudicar tres vivendas a familias con dificultades socioeconómicas en Santiago e
Culleredo. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou a adxudicación directa
destes inmobles.
Unha das vivendas adxudicadas correspóndese cun caso de violencia de xénero e as
outras con dificultades socioeconómicas, todas entregadas en réxime de alugueiro.
O Goberno galego avanza deste xeito no cumprimento do Plan rehaVita, que reforza as
medidas destinadas a garantir un fogar as familias máis desfavorecidas. Así, estas solucións non só
se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda,
senón que tamén se ofrece colaboración a casos como as vítimas de violencia de xénero ou outros
problemas de índole social.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que está a dar resposta a todas as
familias que solicitan axuda. Neste sentido, no último ano multiplicáronse os esforzos para achegar
solucións ás persoas en situación de risco, mediante novos programas de axuda como o Bono de
Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras, entre elas a maior de Galicia, que se
comprometeron a non executar desaloxos, e cederon 240 vivendas baleiras, que a Xunta está a
destinar a familias necesitadas.