Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

Asinados hoxe os convenios polos que a Xunta destina 2 millóns de euros para o funcionamento das oficinas de rehabilitación en 38 concellos

MEDIO AMBIENTE MOBILIZA UN ORZAMENTO DE MÁIS DE 8,5 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS PARA PROMOVER ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN E ACCESO Á VIVENDA

 
Ao longo desta semana publicarase a orde pola que se convoca as axudas á rehabilitación ao abeiro do programa de vivenda Renove, ademais da nova orde para a concesión de axudas para facilitar o primeiro acceso á vivenda en propiedade
A axuda para a oficina de rehabilitación pode chegar ata o 60 por cento do orzamento, co límite de 80.000 euros nos concellos de máis de 25.000 habitantes e 60.000 euros nos restantes.
As oficinas de rehabilitación-portelos únicos de vivenda prestan asesoramento e información aos cidadáns e realizan a tramitación de expedientes e visitas técnicas relacionadas con axudas do Plan de Vivenda.
Galicia conta na actualidade con 55 áreas de rehabilitación en 38 concellos, ademais da área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, que comprende 107 concellos.
 
Santiago, 24 de abril de 2012.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, mobilizara de xeito inmediato un investimento de 8,5 millóns de euros en axudas para promover actuacións de acceso á vivenda, así como á rehabilitación das mesmas. Así o trasladou esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, quen asinou convenios cos 38 concellos galegos que dispoñen de de Área de Rehabilitación Integral (ARI), co obxectivo de colaborar no mantemento das oficinas municipais de rehabilitación.
 
A través destes acordos, a Consellería mobiliza máis de 2 millóns de euros para o funcionamento destas oficinas que ofertan servizos de portelo único en materia de rehabilitación, informando aos veciños de todas as axudas e trámites que teñen que levar a cabo para a reparación das súas vivendas.
 
Hernández recordou que con estas axudas a Xunta subvenciona ata o 60% dos custes das oficinas cun límite de 80.000 euros para os concellos de máis de 25.000 habitantes, e de 60.000 para os de menos.
 
Áreas de rehabilitación
Os respectivos convenios foron asinados esta mañá polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e os alcaldes ou os seus representantes.
 
As oficinas municipais de rehabilitación-portelos únicos de vivenda prestan, nos seus respectivos concellos, os seguintes servizos aos cidadáns:
 
- Asesoramento e información sobre as actuacións comprendidas no Plan de Vivenda 2009-2012 e outras axudas en materia de vivenda.
 
- Tramitación de expedientes e seguimento técnico das obras do Plan de Vivenda e doutras actuacións das políticas de vivenda, debendo respectar a normativa reguladora de aplicación.
 
- Realización das visitas técnicas necesarias nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, así como as correspondentes ao Programa Aluga.
 
Estas actuacións son executadas polas oficinas de rehabilitación na totalidade do termo municipal e non so no ámbito das áreas de rehabilitación. O financiamento das oficinas con cargo a fondos da Xunta de Galicia pode chegar ao 60 por cento do presuposto, co límite de 80.000 euros anuais no caso de concellos de máis de 25.000 habitantes e 60.000 euros nos restantes concellos.
 
Polo tanto, e en función dos orzamentos previstos por cada concello, o cadro de financiamento por parte da Xunta de Galicia queda da seguinte maneira:
 
PROVINCIA
CONCELLO
ORZAMENTO OFICINA
ACHEGA XUNTA
CORUÑA
A CORUÑA
1.214.999,88
80.000,00
BETANZOS
200.110,87
60.000,00
CORCUBIÓN
40.987,52
24.592,51
FERROL
163.684,45
80.000,00
MUGARDOS
34.402,76
20.641,66
MUROS
100.544,93
60.000,00
NEDA
83.065,40
49.839,24
NOIA
84.583,08
50.749,85
PADRÓN
60765,82
36.459,49
RIANXO
54.893,84
32.936,30
SANTIAGO
362.640,99
80.000,00
LUGO
SOBER
60.000,00
36.000,00
CHANTADA
52.000,20
31.200,12
LOURENZÁ
60.000,00
36.000,00
LUGO
199.591,60
80.000,00
MONDOÑEDO
121.673,96
60.000,00
MONFORTE
149.588,56
60.000,00
QUIROGA
76.000,00
45.600,00
RIBADEO
89.637,67
53.782,60
SARRIA
75.584,04
45.350,42
VILALBA
104.952,53
60.000,00
VIVEIRO
143.967,87
60.000,00
OURENSE
ALLARIZ
128.904,06
60.000,00
CASTRO CALDELAS
57.960,78
34.776,47
CELANOVA
66.866,69
40.120,01
OURENSE
421.117,90
80.000,00
RIBADAVIA
122.479,90
60.000,00
VERIN
119.720,19
60.000,00
VILAR DE SANTOS
83.000,00
49.800,00
PONTEVEDRA
BAIONA
40.944,86
24.566,92
CAMBADOS
146.074,23
60.000,00
CANGAS
139.864,90
80.000,00
MARIN
112.800,00
67.680,00
POIO
47.685,97
28.611,58
PONTEVEDRA
145.929,94
80.000,00
TUI
49.869,88
29.921,93
VIGO
351.363,99
80.000,00
VILAGARCÍA
98.148,42
58.889,05
 
TOTAL:
5.666.407,68
2.037.518,16
 
Na actualidade Galicia dispón de 55 áreas de rehabilitación distribuídas nos 38 concellos indicados. Ademais existe a área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, que comprende 107 concellos, e que se xestiona directamente dende as xefaturas provinciais do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
 
Outras axudas para rehabilitación e acceso á vivenda
Durante o acto, Hernández explicou que non son as únicas actuacións en materia de promoción do acceso á vivenda e da rehabilitación que ten en marcha a Xunta. Nos vindeiros días o Diario Oficial de Galicia publicará as seguintes ordes:
 
  • Orde pola que se convoca para este ano 2012 a concesión de subvencións para actuacións de rehabilitación, para familias e comunidades de propietarios ao abeiro do Programa RENOVE do Plan de Vivenda e Rehabilitación. Grazas a esta convocatoria, as familias e comunidades de veciños que teñan promovido actuacións de rehabilitación e que estean en posesión da cualificación definitiva terán acceso aos 1’4 millóns de euros cos que conta o programa para este ano, salientou.
 
  • Orde para a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, polas que se outorgarán subvencións por un importe global de 2’5 millóns de euros para facilitar o primeiro acceso á vivenda en propiedade.
 
  • Orde para favorecer a construción de vivendas protexidas que se destinen a un arrendamento por un período de 10 ou 25 anos e de aloxamentos protexidos. Para este fin dispoñemos dun total de 2’6 millóns de euros para este ano.
 
O conselleiro manifestou que con este esforzo orzamentario Galicia se enriquece a todos os niveis, pois as actuacións de conservación e rehabilitación de vivenda teñen unha gran repercusión no emprego; na vertente social, facilitase o acceso a unha vivenda digna aos cidadáns; e por último tamén ten un gran peso na ordenación territorial, pois ao optimizar os recursos e o coidado do patrimonio construído, se minimiza a nova ocupación de terreo.