Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

Os convenios para rehabilitación de inmobles asinados hoxe entre Xunta e Fomento achegará un investimento inducido de 54 millóns de euros a 125 concellos

HERNÁNDEZ ANUNCIA QUE OS VECIÑOS DOS 107 CONCELLOS GALEGOS ENMARCADOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO PODERÁN SOLICITAR SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS A PARTIR DE XUÑO

-         Por primeira vez asígnanse obxectivos á área de rehabilitación do Camiño de Santiago, que no seu primeiro convenio contará cun total de 573 actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas
- A Xunta financiou ata o de agora á rehabilitación de máis de 70.000 vivendas no territorio galego
-         A comunidade galega é unha das primeiras no eido da rehabilitación, sendo pioneira no acondicionamento integral de conxuntos históricos 
-         O Instituto Galego de Vivenda e Solo está a levar a cabo actuacións directas de rehabilitación de preto de 300 vivendas como a do barrio da Tinería, en Lugo; os cascos vellos de Ourense e Vigo; ou as novas obras en Betanzos

 
Santiago, 29 de abril de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o ministro de Fomento, Xosé Blanco, asinaron hoxe convenios de colaboración para impulsar accións en materia de vivenda nas áreas de rehabilitación integral (ARI) declaradas en Galicia.
 
Hernández salientou que ás 43 áreas de rehabilitación existentes ata o de agora na nosa comunidade engádese por vez primeira, a proposta da Xunta de Galicia, a ARI do Camiño de Santiago, que engloba un total de 107 municipios galegos.
 
Deste xeito, as axudas asinadas hoxe beneficiarán a un total de 125 concellos nos que se financiará a rehabilitación de 1.750 vivendas, das que 573 corresponden a ARI do Camiño de Santiago. O titular de Infraestruturas destacou que se achegan máis de 33 millóns de euros entre as administracións asinantes á rehabilitación de inmobles nas ARI da nosa comunidade. Deste xeito, inducirase un investimento de máis de 54 millóns de euros, si se engade o diñeiro que aportarán os particulares para a reforma dos seus inmobles.
 
Hernández avanzou que os veciños dos 107 concellos galegos enmarcados na recentemente creada área de rehabilitación do Camiño de Santiago poderán solicitar as axudas a partires do vindeiro mes de xuño. No citado mes, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará esta orde de subvencións nos camiños de Santiago facéndoas accesibles aos cidadáns. O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) será o organismo encargado de tramitar as solicitudes.
 
No seguinte cadro móstranse os municipios galegos que pertencen á area de rehabilitación do Camiño de Santiago.
 
 
 
CONCELLOS DA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
Santiago
Palas de Rei
San Cibrao das Viñas
Silleda
O Pino
Monterroso
Ourense
Lalín
Arzúa
Portomarín
Paderne de Allariz
Dozón
Melide
Paradela
Taboadela
A Estrada
Boqueixón
Sarria
Allariz
Pontecesures
Vedra
Samos
Baños de Molgas
Valga
Rois
Triacastela
Xunqueira de Ambía
Caldas de Reis
Teo
Pedrafita do Cebreiro
Sandiás
Portas
Padrón
Barreiros
Sarreaus
Barro
Dodro
Ribadeo
Vilar de Barrio
Pontevedra
Muxía
Mondoñedo
Xinzo de Limia
Vilaboa
Cee
Lourenzá
Laza
Soutomaior
Dumbría
Trabada
Trasmirás
Redondela
Fisterra
Abadín
Cualedro
Mos
Corcubión
Vilalba
Monterrei
Porriño
Mazaricos
Guitiriz
Oímbra
Tui
Santa Comba
Begonte
Verín
 
Negreira
Friol
Vilardevós
 
Ames
Guntín
Riós
 
Ferrol
Castroverde
A Mezquita
 
Narón
Baleira
Castrelo do Val
 
Fene
Fonsagrada
A Gudiña
 
Cabanas
Lugo
Vilariño de Conso
 
Pontedeume
 
Piñor
 
Miño
 
San Cristovo de Cea
 
Paderne
 
Vilamarín
 
Betanzos
 
Amoeiro
 
Cambre
 
Coles
 
Culleredo
 
 
 
Carral
 
 
 
Abegondo
 
 
 
Ordes
 
 
 
Mesía
 
 
 
Oroso
 
 
 
Toques
 
 
 
Boimorto
 
 
 
Sobrado
 
 
 
Vilasantar
 
 
 
A Coruña
 
 
 
 
O conselleiro de Medio Ambiente explicou que nos últimos 30 anos de traballo, a Xunta contribuíu á rehabilitación de máis de 70.000 vivendas no territorio galego. Engadiu que a promoción da rehabilitación distínguese como unha obriga de vital importancia para o Goberno galego. A optimización dos espazos urbanos, a conservación do patrimonio e a diminución dos consumos na construción son cuestións que corroboran a relevancia da rehabilitación no desenvolvemento humano.
 
A comunidade galega é unha das primeiras no eido da rehabilitación de vivendas, sendo pioneira no acondicionamento integral de conxuntos históricos. Cabe lembrar que Galicia foi a primeira autonomía en iniciar os programas de rehabilitación rural.
 
Agustín Hernández lembrou que nos pasados meses a Xunta publicou as ordes dirixidas a promotores de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas, as comunidades de propietarios de inmobles de protección oficial de promoción pública e o decreto regulador de axudas ao acondicionamento de conxuntos rurais e históricos e remate de fachadas.
 
O Instituto Galego de Vivenda e Solo está a levar a cabo actuacións directas de rehabilitación de preto de 300 vivendas como a do barrio da Tinería, en Lugo; os cascos vellos de Ourense e Vigo; ou as novas obras en Betanzos.
 
En conclusión, Hernández indicou que é fundamental a colaboración entre a Xunta e o Goberno Central, xa que o entendemento e a coordinación marcan o camiño para avanzar.
 
AXUDAS PARA REHABILITACIÓN
O Plan de Vivenda establece tres tipos de áreas de rehabilitación:
- Áreas de rehabilitación situadas en zonas urbanas pero fóra dos cascos históricos
- Áreas de rehabilitación en conxuntos históricos, que son a meirande parte das galegas.
- Áreas de rehabilitación en núcleos rurais.
 
Os propietarios de edificios e vivendas emprazados nas áreas de rehabilitación, cunha antigüidade superior a 10 anos e destinados a residencia habitual e permanente do propietario ou ao alugueiro, poden acceder a axudas de ata 11.600 euros por actuación.
Nas áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos ou núcleos rurais a subvención pode acadar o 75 por cento do presuposto, co límite indicado de 11.600 euros. Nas restantes áreas, nas que non existen os condicionantes das zonas históricas e rurais, a porcentaxe da subvención pode ser dun máximo do 65 por cento do orzamento, cun límite de 10.500 euros.
Subvencións para rehabilitación de edificios e vivendas
 
Xunta de Galicia
Ministerio de Fomento
 
%
Importe medio máximo €
%
Importe medio máximo €
Áreas de rehabilitación
40
5.000
40
5.500
Áreas de rehabilitación en conxuntos históricos
40
5.000
50
6.600
Áreas de rehabilitación en núcleos rurais
40
5.000
50
6.600
 
Ademais, poderase acceder a un préstamo, sen subsidiación, a un prazo máximo de 15 anos, con 3 de carencia.
Nos casos de áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos, as axudas da área serán compatibles con outras axudas de rehabilitación en conxuntos históricos que financia en exclusiva a Xunta de Galicia. O mesmo sucederá coas áreas de rehabilitación en núcleos rurais, cuxas axudas serán compatibles coas de rehabilitación rural. Estas axudas de rehabilitación en conxuntos históricos e as de rehabilitación rural acadan o 50 por cento do orzamento. Sumadas as axudas da área de rehabilitación e de conxuntos históricos poden acadar como máximo o 75 do orzamento.
 
AXUDAS PARA URBANIZACIÓN
Doutra banda, os concellos poderán acceder a subvencións para a realización de obras de urbanización e reurbanización no ámbito das áreas de rehabilitación.
Nas áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos e núcleos rurais esta subvención pode acadar o 60 por cento do presuposto das obras, sempre que o importe da subvención para urbanización e reurbanización non supere o 60 por cento do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.
Nas restantes áreas de rehabilitación o importe das subvencións será como máximo do 40 por cento, sempre que o importe da subvención para urbanización e reurbanización non supere o 40 por cento do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.
Importe máximo da subvención (% do orzamento das obras)
 
Xunta de Galicia
Ministerio de Fomento
Áreas de rehabilitación
20
20
20
30
Áreas de rehabilitación en núcleos rurais
20
30