- Trátase de vivendas usadas, que foron recuperadas pola Xunta despois da renuncia dos
anteriores adxudicataria
- Ademais do sorteo, elaborouse unha lista de espera para a adxudicación de futuras
vacantes
Santiago de Compostela,
20
de
novembro
de 2017.- A Xunta de Galicia realizou hoxe o sorteo de dúas vivendas de promoción
pública da súa propiedade emprazadas no concello de Cangas. As vivendas adxudicadas foron
recuperadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo despois da renuncia ás mesmas dos antigos
adxudicatarios.
Do mesmo sorteo, realizado ante notario
entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda, sairá unha lista de espera composta por
30 solicitantes, a través da cal se adxudicarán as novas vacantes que se poidan producir en Cangas
por renuncia de outros adxudicatarios.
A lista publicarase na web do Instituto
Galego da Vivenda e Solo e no taboleiro de anuncios do Concello de Cangas. A partir dese momento os
interesados poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.
A entrega das dúas vivendas actualmente
dispoñibles realizarase unha vez rematado o proceso de adxudicación e todos os trámites previos. Os
inmobles poderán adxudicarse en réxime de compravenda ou alugueiro en función dos ingresos dos
adxudicatarios.