Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ASINA A ESCRITURA DE CESION DAS PARCELAS NAS QUE CONSTRUIRÁ AS NOVAS VIVIENDAS PÚBLICAS EN VIGO

§  A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está actualmente a redactar os proxectos construtivos dos edificios

§  A previsión é iniciar as obras neste mesmo ano

§  O concello recibirá a cambio o 10 por cento da edificabilidade das parcelas en forma de vivendas rematadas e locais

 

Santiago, 20 de febreiro de 2016 .- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, asinou hoxe as escrituras de cesión de tres parcelas de solo residencial no concello de Vigo no que prevé a construción de vivendas de promoción pública que se prevé iniciar este mesmo ano.

 

As parcelas nas que se edificarán as vivendas foron cedidas polo concello de Vigo a cambio do 10 por cento da edificabilidades das mesmas, que se concretará na cesión de vivendas totalmente rematadas e locais comerciais. Xunto coas vivendas e locais cederanse ao concello as prazas de garaxe que lles correspondan e un rocho por cada vivenda. O 5 por cento da edificabilidades das parcelas cederase ao concello en forma de vivendas e o outro 5 por cento en locais, polo que a cesión dos solares non é gratuíta.

 

As parcelas nas que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda construirá as vivendas de promoción pública son as seguintes:

 

- Parcela B 8A P.P. Cambeses - Rúa Ignacio Grobas: Parcela nº 150 do IPMS

- Parcela B 8B P.P. Cambeses - Rúa Ignacio Grobas: Parcela nº 151 do IPMS

- Parcela 8 U.A. Chantada: Parcela nº 155 do IPMS

 

A Xunta prevé construír arredor de 26 vivendas na rúa Chantada e 36 na rúa Ignacio Grobas, estando actualmente en redacción ambos proxectos, que foron adxudicados a finais de 2016. Todas as vivendas contarán con praza de garaxe e un rocho. No caso da rúa Cambeses prevense ademais catro locais.

 

O investimento total será de máis de 7,3 millóns de euros, dos que 1,2 millóns de euros xa están recollidos no orzamento do IGVS para 2017. O departamento que dirixe Ethel Vázquez prevé licitar as obras de construción das vivendas no próximo verán e inicialas no último trimestre do ano.

 

A construción de novas vivendas de promoción pública amosa o compromiso da Xunta coa vivenda protexida na cidade de Vigo, que se ve reforzada polas actuacións en marcha en San Paio de Navia, onde se están a investir 10 millóns de euros na adquisición de solo, en compravenda, para a ampliación con novo solo para a construción de 1.600 vivendas protexidas, prevíndose que as obras da primeira fase da ampliación estean rematadas antes de finais de 2018.

 

Por outra parte, a Consellería licitou o pasado venres as obras de mellora das infraestruturas de catro rúas de San Paio de Navia, cun investimento de máis de 765.000 euros.