Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA INICIA O PROCEDEMENTO PARA A ADXUDICACIÓN DE 18 VIVENDAS PROTEXIDAS DE PROMOCIÓN PRIVADA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

- As vivendas son construídas por unha cooperativa e emprázanse no sunp-5, na Muíña.
- Trátase de vivendas protexidas, de promoción privada, calificadas de réxime concertado
- Sorteáranse entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda, que deberán presentar a solicitude de inscrición no sorteo.
Santiago, 10 de maio de 2012.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación, a través do Rexistro de Demandantes de Vivendas, de 18 vivendas protexidas de promoción privada construídas no sunp-5 de A Muíña, en Santiago de Compostela.
As vivendas serán adxudicadas entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda no réxime correspondente ás mesmas, que deberán nos próximos quince días solicitar a súa inclusión no sorteo a través dun escrito dirixido ao devandito Rexistro de Demandantes. Os impresos pódense obter na páxina web do IGVS
http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes
As vivendas a adxudicar, calificadas como de réxime concertado, promovidas pola cooperativa A Muíña, están actualmente en construción, prevendose o seu remate para o mes de setembro de 2013.
Das 18 vivendas a adxudicar, 11 son de tres dormitorios e sete de dous dormitorios, con superficies entre 70,35 e 90 metros cadrados e todas dotadas de garaxe e trasteiro. Os prezos de venda das vivendas oscilan entre 95.985,54 e 122.796 euros, aos que se sumarán o garaxe (10.233 euros) e o trasteiro (6.549,12 euros).