• Ao sorteo dos inmobles dispoñibles accederán as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes
nestes tres concellos e realizarase o vindeiro 22 de abril
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019.- A Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, inicia o procedemento para a
adxudicación dun total de 16 vivendas de promoción pública dispoñibles nos concellos de Vila de
Cruces, Marín e Poio, tal como informa hoxe o Diario Oficial de Galicia.
O sorteo dos inmobles celebrarase o vindeiro 22 de abril e realizarase entre as persoas
inscritas no Rexistro de Demandantes nestes tres concellos.
Un total de 14 vivendas que serán obxecto desta adxudicación están emprazadas no antigo
poboado mineiro de Fontao, no Concello de Vila de Cruces, unha zona que foi rehabilitada polo
Instituto Galego de Vivenda e Solo. As dúas vivendas restantes están localizadas nas localidades de
Poio e Marín.