Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA MÁIS DE 11.000 METROS CADRADOS DE SOLO EMPRESARIAL NOS PARQUES DE BÉRTOA, MELIDE E AS GÁNDARAS

  • Desde a implantación das bonificacións no prezo do solo, en 2015, a Xunta adxudicou o 37% do solo empresarial dispoñible, o que supón máis dun millón de metros cadrados

  • O consello de administración de Xestur tamén adxudicou hoxe o control de calidade das obras de explanación no parque empresarial de Morás, en Arteixo, no que en setembro adxudicou máis de 105.000 metros cadrados a unha empresa

 

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017.- A Xunta de Galicia adxudicou máis de 11.000 metros cadrados nos parques empresariais de Bértoa (Carballo), As Gándaras (Lugo) e Melide, segundo o acordado hoxe polo consello de administración da empresa pública Xestur. Na mesma sesión tamén se adxudicou o control de calidade das obras que se van realizar no parque empresarial de Morás, en Arteixo. As bonificacións no prezo de venda achéganse ao medio millón de euros en total.

 

As adxudicacións de solo empresarial acordadas hoxe son as seguintes:

 

PARQUE EMPRESARIAL

NÚMERO DE PARCELAS

SUPERFICIE TOTAL m 2

IMPORTE DA BONIFICACIÓN €

Bértoa (Carballo)

1

1.671

63.791,32

Melide

1

2.791

50.238,00

As Gándaras (Lugo)

2

6.766

372.130

TOTAL

4

11.228

486.159,32

 

 Desde que en 2015 a Xunta implantou a bonificación do prezo do solo empresarial propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Xestur, e posteriormente a adxudicación en dereito de superficie, xa se adxudicou máis de un millón de metros cadrados a preto de 250 empresas, con bonificacións no prezo do solo que superan os 25 millóns de euros. En total, adxudicouse o 37 por cento do solo empresarial propiedade da Xunta de Galicia, recuperando os niveis anteriores á crise económica.

 

Morás (Arteixo)

O consello de Xestur tamén adxudicou o control de calidade da obra de explanación da plataforma K3 e execución do vial denominado Eixo 0 para acceso de obras do Parque de Actividades Económicas de Arteixo (Morás), por importe de 35.391 euros

 

Esta obra xa foi adxudicada a finais de setembro pasado por importe de máis de 3 millóns de euros e un prazo de execución da mesma de catro meses.

 

A obra consistirá na explanación da plataforma K-3, a única zona que aínda non está explanada no parque empresarial e que ten unha superficie de máis de 105.000 metros cadrados. A necesidade de efectuar voaduras para a explanación desta parcela obriga a realizar as obras antes de que as empresas comecen a asentarse no parque empresarial, xa que a presenza de construcións no mesmo dificultaría a realización de ditas voaduras.

 

Ademais da explanación da plataforma K-3, a obra licitada prevé a execución do Eixo 0, que permitirá o acceso á K-3 e a circulación de maneira ordenada e en condicións axeitadas de seguridade polo ámbito unha vez se inicien as obras de urbanización interior do parque empresarial. Asemade, permitirá o acceso para a instalación da subestación eléctrica que dará servizo ao parque empresarial.

 

Actualmente xa están en execución as obras de acondicionamento da estrada DP-0512, que constitúe o eixo principal do parque empresarial de Morás ao coincidir co viario V-5 do parque empresarial. A obra foi adxudicada en abril deste ano por importe de 821.989,80 euros e un prazo de execución de 10 meses.

 

Tamén no mes de setembro pasado Xestur adxudicou un total de 105.969 metros cadrados de solo no parque empresarial de Morás á empresa Alumán