Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA INICIA A ADXUDICACIÓN DE DÚAS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NA LOCALIDADE PONTEVEDRESA DE CANGAS

- Así mesmo, elaborarase unha lista de adxudicatarios para os inmobles que poidan quedar dispoñibles nos próximos meses
- Dita lista componse de 30 solicitantes inscritos no Rexistro de Demandantes, que serán elixidos mediante sorteo que se celebrará o vindeiro día 20 de novembro


Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017
.- A Xunta de Galicia adxudica dúas vivendas de promoción pública no Concello pontevedrés de Cangas, unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda iniciou os trámites para o sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda na localidade. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/4XW49M.

O proceso iniciado permitirá ademais elaborar unha lista de adxudicatarios paras as vivendas que queden vacantes nos próximos meses, de maneira que a adxudicación se realice o antes posible.

Dita lista componse de 30 solicitantes inscritos no Rexistro de Demandantes, que serán elixidos mediante sorteo que se celebrará o vindeiro día 20 de novembro. Unha vez publicada a lista na web da IGVS e no taboleiro de anuncios do concellos, os interesados poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.

A entrega dos dous inmobles actualmente dispoñibles realizarase unha vez rematado o proceso de adxudicación e todos os trámites previos. As vivendas poderán adxudicarse en réxime de compravenda ou alugueiro en función dos ingresos dos adxudicatarios.