Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA UNHA VIVENDA EN ALUGUEIRO A UNHA FAMILIA DE SILLEDA EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

 - A Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación dunha vivenda cedida por Abanca
- No que vai de 2017, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda xa realoxou a 62 familias en vivendas propiedade deste organismo ou cedidas por Abanca, Sareb e CaixaBank, o que supón unha vivenda adxudicada cada catro días

 

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, adxudicará vivenda no concello pontevedrés de Silleda a unha familia monoparental, con menores, en risco de exclusión social unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación.

 

O inmoble, que se entregará unha vez asinado o contrato de alugueiro, foi cedido ao departamento que dirixe Ethel Vázquez por a entidade crediticia Abanca, co fin de ser destinada a alugueiro social.

 

No que vai de 2017, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda xa realoxou a 62 familias en vivendas propiedade deste organismo ou cedidas por Abanca, Sareb e CaixaBank, o que supón unha vivenda adxudicada cada catro días. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

 

Estas entregas fanse ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.