Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA CINCO VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA A FAMILIAS CON NECESIDADES

§  Os inmobles están situadas nos barrios da Almáciga, Salgueiriños e Fontiñas

§  A adxudicación comunicarase aos beneficiarios para que indiquen si aceptan a vivenda que lles correspondeu

 

Santiago, 7 de abril de 2016 .- A Xunta de Galicia, a través da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, adxudicou provisionalmente, na reunión desta semana, cinco vivendas de promoción pública no concello de Santiago de Compostela, emprazadas nos barrios da Almáciga, Salgueiriños e Fontiñas.

 

Estas vivendas de promoción pública, que xa foran adxudicadas con anterioridade, foron recuperadas polo Instituto Galego de Infraestruturas (IGVS) tras a renuncia dos adxudicatarios iniciais.

 

O Goberno galego comunicará a adxudicación, realizada a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, aos adxudicatarios, que terán que indicar a súa aceptación da vivenda que lles corresponde e das condicións de adxudicación.