§
A titular de
Vivenda informa da recente posta en marcha do Bono de Alugueiro Social como axuda urxente ás
familias cunha orde xudicial que as aboca ao desafiuzamento por non poder pagar a renda
§
Salienta a conveniencia de que os órganos xudiciais lles trasladen aos afectados
que
o Goberno galego
ten
en marcha diversas medidas de carácter social para paliar os efectos da perda do fogar
§
Destaca a
existencia do Programa Reconduce de asesoramento e prevención, e o Programa de realoxo de afectados
por execucións hipotecarias, que permitiu realoxar ao 100% das familias que cumprían os
requisitos
§
A conselleira e o presidente do
TSXG abordan o interese de trasladarlle á Administración información sobre os desafiuzamentos que
diferencie entre vivendas habituais e segundas residencias, fincas, garaxes, etc
§
A xuntanza co
presidente do TSX
G forma parte da rolda de contactos destinada a
divulgar a
existencia de respostas para as familias en risco de perder o seu fogar
Santiago, 17 de novembro de 2015.-
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao
presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, o interese da Xunta de
Galicia de afondar na colaboración ante os desafiuzamentos e na defensa do dereito á vivenda. Así o
manifestou na reunión que hoxe mantiveron na sede do órgano xudicial na Coruña, na que tamén
participou o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García.
Durante o encontro, a responsable de Infraestruturas e Vivenda do Goberno galego
presentoulle as políticas sociais de vivenda da Xunta, articuladas recentemente no Plan rehaVIta, o
primeiro plan autonómico de vivenda, que redobra os esforzos nesta materia e contén un amplo abano
de respostas destinadas a garantir un fogar a aqueles colectivos máis desfavorecidos.
Así, Ethel Vázquez informou da recente posta en marcha do Bono de Alugueiro Social,
unha medida de apoio urxente ás familias cunha orde xudicial que os aboca ao desafiuzamento por non
pode pagar o alugueiro. Grazas a este programa, sinalou, as familias poden recibir unha axuda de
150 €/mes durante 2 anos e unha achega adicional de 450 euros para aboar as cifras pendentes ou
contribuír á formalización dun novo contrato.
A conselleira puxo de relevo que se trata dunha medida que precisa da colaboración
dos maiores entes sociais posibles, co fin de intercambiar información nesta materia, para que
cando unha familia está en risco de perder a súa vivenda por motivos económicos cómpre que se
activen todos os resortes do Estado de Benestar para garantir a súa protección.
Para elo
,
recabou a colaboración do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co obxectivo de
que desde os distintos órganos xudiciais poidan trasladarlle aos afectados que
o Goberno galego
ten en marcha diversas medidas de carácter social para evitar estas situacións tan
dramáticas.
Ethel Vázquez detallou tamén que o Goberno galego ten en marcha o Programa
Reconduce, liderado pola Consellería de Política Social, que pon o acento na prevención, prestando
asesoramento xurídico e económico-financeiro ás familias en situación de risco de desafiuzamento. E
destacou o Programa de Realoxo de afectados por execucións hipotecarias, que permitiu adxudicar
unha vivenda ao 100% das familias que se dirixiron á Xunta e que cumprían os requisitos.
A conselleira puxo especial fincapé nos convenios asinados pola Xunta con varias
entidades financeiras, que puxeron á disposición da Administración autonómica 240 vivendas para
adxudicar de forma directa a afectados por desafiuzamentos por non pagar a hipoteca ou o alugueiro.
E remarcou que esas mesmas entidades, entre elas a maior de Galicia, se comprometeron coa Xunta a
non botar a ninguén do seu fogar por non poder pagar a súa hipoteca.
Na reunión, manifestouse tamén a conveniencia de establecer canles de información
que lle permita as Administracións Publicas dispor de datos máis precisos sobre os procesos
xudiciais de desafiuzamento. A conselleira destacou que o Poder Xudicial fai públicas de forma
periódica estatísticas sobre desafiuzamentos que non diferencian entre vivendas habituais e
segundas residencias, garaxes, predios, locais comerciais, etc.
A ese respecto, trasladoulle ao presidente do TSXG a conveniencia de aplicar algún
filtro a esa información, co fin de obter unha fotografía real da situación que permita ofrecer a
mellor solución ás familias.
A reunión co presidente do Tribunal Superior de Xustiza ocupa un lugar destacado na
rolda de contactos que
se está a levar desde a Consellería de Infraestruturas e Vivenda
con distintos axentes políticos, económicos e sociais,
co fin de que
axuden divulgar a existencia de respostas para esas familias en risco de perder o
seu fogar.