Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE XESTUR ADXUDICOU PRETO DE 21.000 METROS CADRADOS EN SETE PARQUES EMPRESARIAIS

- Preto de 10.000 metros cadrados corresponden á provincia da Coruña, case 9.000 á de Lugo e máis de 2.200 á de Ourense.
- O importe da venda ascende a máis de 1,3 millóns de euros e as bonificacións a máis de 864.000 euros

Santiago, 19 xuño de 2015.- O Consello de Administración da empresa pública Xestur adxudicou na súa última reunión un total de once parcelas de solo empresarial en diversos parques das provincias da Coruña, Lugo e Ourense, que suman unha superficie total de 20.883 metros cadrados. O importe total das vendas do solo empresarial ascende a 1.334.572 euros e conta cunha bonificación de máis de 864.697 euros.

A Coruña
Na provincia da Coruña adxudicáronse catro parcelas, con 9.833 metros cadrados de superficie. O prezo de venda, unha vez aplicados os descontos que a Administración está a promover nos parques de Xestur, foi de 846.044 euros, cunha bonificación de máis de 403.000 euros en total sobre o prezo inicial.

Tres destas parcelas adxudicadas na Coruña corresponden ao parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela, cunha superficie total de 7.030 metros cadrados e un prezo de venda de 774.542 euros.

A outra parcela foi adxudicada no parque empresarial de Pontedeume, cunha superficie de 2.804 metros cadrados e prezo de venda de 71.502 euros.

Lugo
Na provincia de Lugo adxudicáronse cinco parcelas, cunha superficie total de 8.836 metros cadrados e prezo de venda de 413.425 euros. A bonificación foi de preto de 387.000 euros.

Tres das parcelas adxudicadas na provincia corresponden ao parque empresarial das Gándaras (Lugo), cunha superficie conxunta de 6.916 metros cadrados. O prezo de venda foi de 360.625 euros.

No parque empresarial de Barreiros adxudicouse unha parcela de 800 metros cadrados por 22.000 euros e no de Vilalba outra de 1.120 metros cadrados por 30.800 euros.

Ourense
Finalmente, na provincia de Ourense adxudicáronse dúas parcelas, cunha superficie conxunta de 2.213 metros cadrados e un prezo de 75.103 euros, cunha bonificación de máis de 74.000 euros.

Unha das parcelas corresponde ao parque empresarial de Vilamarín, cunha superficie de 1.603 metros cadrados e prezo de 53.120 euros.

A outra parcela foi adxudicada no parque do Barco de Valdeorras, con 610 metros cadrados e un prezo de 21.983 euros.

No que vai de ano, Xestur leva adxudicados en toda Galicia máis de 271.000 metros cadrados de solo empresarial nun total de 118 parcelas emprazadas en 27 parques empresariais. O prezo de venda das mesmas supera os 11,8 millóns de euros e a bonificación achégase a 9,2 millóns de euros, o que supón unha bonificación media de preto de 44%.