Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS INCORPORARÁ UNHA VIVENDA AO PROGRAMA ALUGA EN CANGAS DO MORRAZO

- Poderánse presentar ofertas nun prazo de quince días.

Santiago, 2 de xuño de 2015.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo incorporará unha vivenda ao Programa Aluga no concello de Cangas (Pontevedra) para a súa adxudicación directa no marco do Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias, segundo establece a Resolución pola que se abre un prazo de quince días para a presentación de propostas.

A vivenda deberá ter as seguintes caracterísiticas:
a) Ser de titularidade privada e ter como uso escriturado o de vivenda.
Os/as titulares das vivendas poderán ser persoas físicas ou agrupacións delas, comunidades de bens e outras, que carezan de personalidade xurídica, así como persoas xurídicas.
b) Ter a consideración de vivenda libre ou non estar sometida a ningunha limitación para arrendala derivada da súa cualificación como vivenda protexida.
c) Estar libre de cargas que impidan o seu arrendamento e carecer de limitacións por razóns de legalidade urbanística.
d) Estar desocupada e susceptible de uso, cando menos, desde o momento da solicitude de incorporación ao programa.
e) Reunir as condicións esenciais de habitabilidade e idoneidade para o seu arrendamento.
f) Ter unha renda taxada polo IGVS segundo prezos medios de mercado que non supere os límites establecidos nos artigos 10º e 11º do decreto.
g) Estar de alta nas subministracións básicas de auga, gas e/ou electricidade ou susceptible de estalo no momento da formalización do contrato de arrendamento, e, estar ao día no pagamento dos correspondentes recibos.
Para máis información prema aquí.