Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O DOG PUBLICA HOXE O CONVENIO ENTRE XUNTA E MINISTERIO DE FOMENTO PARA APLICAR EN GALICIA O PLAN ESTATAL DE ALUGUEIRO E REHABILITACIÓN

As axudas poderán solicitarse unha vez que se anuncien as correspondentes ordes de convocatoria
 
Santiago, 28 de outubro de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se dá publicidade ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento para a aplicación en Galicia do Plan Estatal de Fomento e Alugueiro de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas, que achegará a Galicia axudas por importe de máis de 39,7 millóns de euros.
 
Este acordo regula o financiamento estatal e autonómico do Plan e as liñas de axudas que contén o mesmo e que serán de aplicación en Galicia. As axudas poderán solicitarse unha vez se publiquen no Dog as correspondentes ordes de convocatoria. O plan prevé axudas para o alugueiro e rehabilitación de vivendas, que son as seguintes: no eido do alugueiro contémplanse dous programas, un de axuda ao alugueiro de vivenda e outro de fomento do parque público de vivenda para alugar.
 
Na rehabilitación son tres os programas de fomento que se plantexan: o da rehabilitación edificatoria; o da rexeneración e renovación urbanas; e o das cidades sustentables e competitivas. Tamén haberá outras liñas como o plan de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios
 
A lugueiro de vivenda
 
 
 
 
 
 
 
 execución de proxectos de especial transcendencia, como a mellora de barrios, centros históricos, renovación de áreas funcionalmente obsoletas e de áreas para a substitución de infravivenda, ecobarrios e zonas turísticas.
 

Máis información no enlace