-
As vivendas de Vilagarcía son aloxamentos protexidos e contarán cun centro de día nos baixos
do edificio
-
Os inmobles de Ribadumia dispúxose a instalación de abastecemento de enerxías limpas, como a
solar, polo que as vivendas - de dous, tres e catro dormitorios- contan con calefacción por chan
radiante e auga quente sanitaria individual
Santiago, 27 de xaneiro de 2010.-
A Comisión Provincial de Vivenda, reunida hoxe en Pontevedra, decidiu iniciar os trámites
para o sorteo e adxudicación de 31 vivendas en Vilagarcía de Arousa e 15 vivendas en Ribadumia. O
seguinte paso que debe avanzar a Comisión é fixar a data do sorteo destas vivendas, que se
realizará entre todos os inscritos no Rexistro de Demandantes ata o día de hoxe.
Vilagarcía de Arousa
As 31 vivendas que beneficiarán aos veciños de Vilagarcía de Arousa son vivendas de promoción
pública, baixo a modalidade de aloxamentos protexidos, nas que o Instituto Galego da Vivenda e Solo
está a investir un total de 2.344.927,23 euros. Ademais, a , esta cifra hai que sumar 359.130,49
euros destinados á construción do centro de día que ocupará os baixos do edificio.
A meirande parte dos aloxamentos protexidos construídos en Vilagarcía de Arousa dispoñen de
un dormitorio e unha superficie útil de 40 metros cadrados. En total son 27 os aloxamentos destas
características, mentres que os 4 restantes teñen dous dormitorios e unha superficie útil de 50
metros cadrados.
Ribadumia
Cómpre indicar que todas as vivendas desta promoción están dispostas dun sistema de enerxía
renovable, como é a enerxía solar, xa que edificio está dotado de paneis captadores de enerxía
solar para a produción de auga quente. Deste xeito, as vivendas contan con calefacción por chan
radiante e auga quente sanitaria individual, con caldeira de gasóleo individual.
No caso de Ribadumia, en total adxudicaranse 15 vivendas de promoción pública que están sendo
construídas polo IGVS en Barrantes, cun investimento de 1.456.797,72 euros.
Do total de vivendas catro dispoñen de catro dormitorios, cunha superficie útil de máis de 85
metros cadrados; oito teñen tres dormitorios e superficie útil entre 71 e 77 metros cadrados e
outras tres teñen dous dormitorios e superficie útil superior a 60 metros cadrados. Todos os
inmobles contan con estar-comedor, cociña, baños, trasteiro e praza de garaxe.
As vivendas contan con carpintería exterior de aluminio anodizado e interior de taboleiro DM
pintado, con porta blindada de madeira de pino na entrada. Todas as vivendas contan con calefacción
por chan radiante e auga quente sanitaria individual, con caldeira de gasóleo individual. O
edificio está dotado de paneis captadores de enerxía solar para a produción de auga quente.