| |
Anexo III.3 - Informe Sostibilidade Ambiental
|
|
|
REXISTRO DE DEMANDANTES
O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o
Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que
se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar
irregularidades na compravenda de vivenda protexida. É
CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se
axuste á túa solicitude;
EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e
TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.
PROGRAMA ALUGA
O
Programa Aluga ten por obxectivo facilitar o acceso das familias a unha vivenda en
réxime de arrendamento, e tamén dinamizar e ampliar o mercado incorporando ao mesmo vivendas
baleiras.
PROGRAMA PAGUS
O
Programa de Apoio á Xestión Urbana Sustentable (PAGUS) é un Programa INTERREG
III-C da Comisión Europea que ten por obxectivo desenvolver estratexias e instrumentos comúns para
a rehabilitación sustentable e desenvolvemento dos centros históricos das cidades e vilas europeas
a través de diferentes tipos de accións integradas. En Galiza desenvolveronse accións ao seu abeiro
en Allariz, Celanova, Ferrol, Lugo, Mondoñedo, Ribadavia, Ribadeo, Santiago de Compostela ou
Vigo.
|