Inicio

Xunta de Galicia

Persoas beneficiarias

Segundo o artigo 63 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, poderán acceder a unha VPP as persoas que, carecendo dunha vivenda en propiedade cumpran os requisitos que regulamentariamente se establezan. Mentres a dita lei non sexa desenvolvida, estarase ao disposto nos artigos 10 e 11 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo:
 
  1. Persoas físicas, nacionais ou estranxeiras, maiores de idade e con capacidade de obrar que, como titulares dunha unidade familiar, reúnan os seguintes requisitos :
  • Atoparse inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Acreditar os ingresos ponderados anuais totais que sinala a normativa para cada tipo de vivendas.
  • Carecer, ou ter perdido o uso, calquera membro da unidade familiar ou de convivencia doutra vivenda en propiedade , salvo que resulte inadecuada ou insuficiente para as necesidades da unidade familiar ou de convivencia. 

  1. Persoas galegas que residan fóra de Galicia e que desexen retornar ou as que xa retornasen que reúnan os seguintes requisitos :
  • Atoparse inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Acreditar os ingresos ponderados anuais totais que sinala a normativa para cada tipo de vivenda (a súa elección poderán optar polo indicador público de rendas de efectos múltiples vixente en España ou no seu país de residencia).
  • Acreditar residir ou haber residido fóra de Galicia por tempo non inferior a 5 anos.
 

Existen unha serie de excepcións ao cumprimento destes requisitos que se poden atopar nos artigos 63 e 64 da Lei 8/2012 e nos artigos 10 e 11 do Decreto 253/2007 (nota: artículo 10.I.3 parcialmente derogado).

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.