Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Normativa do Hábitat » Consultas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes


1 (2) Estou redactando un proxecto de rehabilitación nun casco histórico. Mantéñense as fachadas, a tipoloxía estrutural (é de madeira de castiñeiro en mal estado e plantéase substituíla, por madeira aserrada) e posición da escaleira, aínda que tamén é necesario substituíla. ¿É de aplicación o Decreto 29/2010 de 4 de marzo?

2 (7) Temos un Plan Especial de protección non adaptado ás normas de habitabilidade e sen Anexo. Entendemos que en base ao art. 9º.b) Condicións xerais aplicables ás actuacións de rehabilitación e ampliación de edificios e vivendas existentes non é esixible a aplicación do punto I.B do anexo I deste decreto (normas NHV-2010). Así mesmo, no referente ao punto I.A do anexo I, e en base ao art 16º. (excepcionalidade do cumprimento das condicións de habitabilidade...) "os promotores de actuacións de rehabilitación ou ampliación de edificios o vivendas existentes, construídas ao abeiro da normativa de habitabilidade anterior a este decreto poderán solicitar a través dos concellos a excepción do cumprimento de habitabilidade establecidas nel......" Neste momento todos os edificios incluídos no ámbito do Plan Especial do casco histórico, foron realizados cunha normativa de habitabilidade anterior a este decreto, polo tanto ¿Poderían estar todas as obras de reforma ou ampliación (non nos referimos a obra nova) suxeitos a excepcionalidade?

Páxina 1 de 1