O patio que describe, non é un patio de cuarteirón, senón un patio
pechado, dentro dos lindes da propia parcela, polo tanto, a súa dimensión (I.B.2.1. Dimensionamento, punto-b) depende da altura medida desde o chan acabado da
primeira planta que ventile e ilumine ao seu través (R=1/3 H) e tamén se deberá cumprir que o
cadrado mínimo a inscribir no devandito patio, en toda a súa altura, terá de lado D, parámetro que
se establece no CTE DB-HS-3 (D non será menor de 3 m.)