Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Normativa do Hábitat » Consultas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes


1 (102) Proxecto Básico e de Execución visado e solicitada licenza no ano 2008, aplicando o decreto 311. Por parte do concello se solicita a realización dun Estudo de detalle para regularizar as aliñacións, unha vez aprobado este, preséntase o Proxecto Básico e de Execución Modificado, onde se recollen esas modificacións e se reduce o número de vivendas de 14 a 12. ¿Pódese nesta modificación seguir aplicándose o decreto 311? O proxecto aínda non ten licenza.

2 (100) Trátase dunha vivenda illada con proxecto redactado cumprindo as Normas do Hábitat, D 262/2007, con licenza solicitada en decembro de 2009 pero concedida en xuño de 2010, despois da entrada en vigor das normas de habitabilidade. ¿Pódese considerar incluída na disposición transitoria 1ª e adaptar o proxecto ao D 29/2010, a petición do promotor?. Nese caso ¿considérase que se modifican as condicións de licenza aínda que non supoñan modificacións importantes?

3 (98) Un proxecto aínda en trámite, sen resolución de concesión de licenza e iniciado ao abeiro das NHG D.262/2007 ¿pode solicitar acollerse á aplicación do novo decreto da NHV D.29/2010, segundo a interpretación da disposición transitoria primeira?

4 (61) Temos un proxecto redactado en setembro de 2009, coas anteriores normas de habitabilidade, Decreto 262/2007, e xa ten licenza. Nestes días van a comezar as obras, acta de replanteo deste mes (novembro 2010). ¿Podemos facer uns pequenos cambios en base ás novas normas de habitabilidade Decreto 29/2010?

5 (26) A situación é a seguinte: edificio de vivendas en execución onde o promotor planea unir tres vivendas próximas da planta baixo cuberta para facer unha única vivenda moito maior. O proxecto básico do edificio foi redactado no 2007, a normativa de habitabilidade de aplicación naquel momento era o decreto 311/1992. A “nova vivenda” que se pretende facer en obra e que posteriormente se reflectirá no correspondente reformado do proxecto ¿ten que cumprir as normas de habitabilidade de vivendas do 2010 ou podería realizarse cumprindo o decreto 311/1992 ao igual que o resto do proxecto?

6 (12) Estou construíndo unha vivenda unifamiliar con licenza de obra do ano pasado (2009). Quixera saber se teño que poñer obrigatoriamente a planta de reciclaxe de augas grises e pluviais que manda a anterior normativa ou podo acollerme ás novas e non poñela.

7 (16) No suposto dunha licenza de obras concedida ao abeiro das Normas do Hábitat galego (D 262/2007), coa obra empezada posteriormente á entrada en vigor das normas de habitabilidade (D 29/2010) ¿pódese modificar a obra para aplicar voluntariamente o D 29/2010? e, nese caso: ¿cal é o procedemento a seguir en canto á licenza municipal?

Páxina 1 de 1