Que é o bono-vivenda?

1. QUÉ É O BONO-VIVENDA? 
O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca por segundo ano a liña de axudas, denominada bono-vivenda, cuxa finalidade é conceder unha axuda aos estudiantes de Formación Profesional para financiar os gastos do aluguer da vivenda.
2. QUEN SE PODE BENEFICIAR?
Poden solicitar este bono-vivenda os estudiantes que no curso académico 2008-2009 cursen ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional en centros públicos situados a máis de 50 quilómetros do domicilio habitual.
3. CANDO SOLICITAR O BONO-VIVENDA? 
Desde o 15 de xullo ata o 30 de setembro. 
4. CONTÍA DO BONO-VIVENDA E FORMA DE PAGO
Concederase un máximo de 2.000 euros a cada beneficiario, que serán ingresados mediante transferencia bancaria. A axuda nunca superará o importe do contrato de aluguer polo número de meses que dure o ciclo formativo.
5. CALES SON OS REQUISITOS? 
Para poder beneficiarse desta axuda deberanse acreditar as seguintes circunstancias:  
a)      Ter empadroamento durante os últimos dous anos nunha localidade que diste máis de 50 quilómetros do centro de ensino.
b)      Ter aprobadas todas as materias ou módulos do curso 2006-2007 entre as convocatorias de xuño e setembro.
c)      Os ingresos da unidade familiar non deben superar os 23.000 euros. No caso de que o solicitante sexa maior de idade, non dependa dunha unidade familiar e teña ingresos propios, estes non poderán ser inferiores a 4.000 euros nin superiores aos 23.000 euros.
d)      Ter feita a matrícula para un curso completo de ciclo formativo de formación profesional polo réxime ordinario para o curso 2008-2009, nalgún centro público da Comunidade Autónoma galega e non dispor de praza nun centro máis próximo ao seu domicilio familiar.
e)      Non estar matriculado/a só no módulo de formación en centros de traballo.
f)        Non ter praza nun centro residencial docente.
g)      Asinar o contrato de arrendamento de vivenda ou de tempada.
6. CÓMO SOLICITAR O BONO-VIVENDA? 
Presentando a solicitude empregando o modelo normalizado que pode baixarse da páxina web do IGVS. A solicitude entregarase preferentemente no rexistro central do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Santiago de Compostela, aínda que tamén poderá presentarse no rexistros das delegacións provinciais do Instituto Galego de Vivenda e Solo, nos rexistros de calquera órgano administrativo ou por correo.
7. CÓMO OBTER MÁIS INFORMACIÓN? 
Podes obter máis información nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo, na páxina web www.igvs.es e no número de teléfono 981-541982.

PARA A MOCIDADE

O Bono-vivenda en aluguer, as axudas directas para o acceso á viveda, bolsas, cursos, exposicións ou convocatoria de postos de traballo son contidos e servizos que a Consellería pon a disposición da mocidade galega.

PROGRAMA DE VIVENDA EN ALUGUER

O Programa de Vivenda en Aluguer ten por obxectivo facilitar o acceso das familias a unha vivenda en réxime de arrendamento, e tamén dinamizar e ampliar o mercado incorporando ao mesmo vivendas baleiras.