Inicio

Xunta de Galicia

REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

¿Quen pode inscribirse?

A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Deberán inscribirse nel todas as persoas que estean interesadas en acceder a vivendas protexidas e reúnan os requisitos de acceso para cada tipo de vivenda. Só se admitirá unha solicitude por unidade familiar ou de convivencia, independentemente de que estea composta por unha ou varias persoas.

 

O/a solicitante na súa inscrición deberá indicar:

 

1.O tipo de vivenda ao cal opta

 

O Rexistro consta de tres seccións diferenciadas:

 

SECCIÓN 1ª Vivendas de Protección Oficial de Promoción Pública promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

 

SECCIÓN 2ª Vivendas de Protección Oficial de Promoción Pública de Núcleos Rurais e Cascos Históricos.

 

SECCIÓN 3ª Vivendas Protexidas de Promoción Privada ou Pública promovidas por outros promotores públicos : réxime especial, xeral e concertado, e aloxamentos protexidos.

 

2. O réxime de adxudicación que sinale como preferente : compra, aluguer, ou aluguer con opción de   compra.

 

3. O concello: Poderase sinalar un máximo de tres concellos: un como preferente e dous máis como subsidiarios, que deben ser limítrofes co indicado como preferente ou estar na mesma área de influencia. Para inscribirse como demandante de vivendas de protección oficial de promoción pública promovida polo IGVS, (SECCIÓNS 1ª e 2ª) o concello será necesariamente o de residencia ou de traballo.

 

Se o/a solicitante reúne os requisitos para ser beneficiario/a de máis tipos de vivenda , poderá solicitar e, de ser o caso, poderán practicarse inscricións complementarias. Estas terán a consideración de anotacións.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.